Saltar ao contido

Ecuación de Ergun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de xuño de 2024 ás 16:39 por Chairego apc (conversa | contribucións)

A ecuación de Ergun, que foi creada polo enxeñeiro químico Sabri Ergun, é usada para o cálculo da perda de carga dun fluído ao circular a través dun leito poroso fixo, que non se encontra aínda fluidificado.

Esta ecuación virá definida por dous sumandos, o primeiro sumando representa as pérdidas por fricción, e o segundo sumando representa as perdas de enerxía cinética. Polo que, se se traballa a velocidades moi reducidas o segundo término será desprezable, mentres que se se traballa a velocidades moi elevadas o primeiro término podería ser desprezable.

A ecuación de Ergun vén representada pola seguinte fórmula: Como se observa, esta caída de presión depende de múltiples factores, tales como a viscosidade, o diámetro equivalente das partículas do leito fixo, a porosidade, a velocidade superficial,...